Móvete

Espazo Europeo


Que é móvete_espazo europeo?

A Universidade de Santiago de Compostela, a través da Vicerreitoría de Comunicación, Cultura e Servizos, a Área de Orientación Laboral e do Centro de Documentación Europea, xunto con Europe Direct A Coruña, centro oficial de información da Comisión Europea pertencente á Deputación da Coruña, organizan as xornadas  “móvete_espazo europeo”.

As xornadas, que contarán con actividades informativas e de formación, xirarán en torno a catro eixos: prácticas, emprego, habilidades e voluntariado enfocados todos eles cara a unha perspectiva internacional. 

“móvete_espazo europeo” celebrarase os días 20 e 21 de novembro de 2018 na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela. 

Quen pode participar?

Estudantes e tituladas/os universitarias/os. Persoas interesasadas en: realización de prácticas, a procura de emprego, participación nun programa de voluntariado…, noutro país da UE.

 

Como inscribirse?

O prazo para realizar as inscricións comeza o 6 de novembro de 2018 e remata o 19 de novembro ás 13:00h.

Cando e onde?

Os días 20 e 21 de novembro de 2018 na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela. 

Quen organiza?

– Europe Direct A Coruña, centro oficial de información da Comisión Europea, pertencente á Deputación da Coruña.

-Vicerreitoría de Comunicación, Cultura e Servizos, a Área de Orientación Laboral e o Centro de Documentación Europea da Universidade de Santiago de Compostela.

Inscrición

Síguenos

Inscrición

MARTES, 20 DE NOVEMBRO

Inscrición

MÉRCORES, 21 DE NOVEMBRO

 Inscrición

MARTES, 20 DE NOVEMBRO

Sesión de Mañá | Inscrición

Sesión de Tarde | Inscrición

MÉRCORES, 21 DE NOVEMBRO

Inscrición

Se tes algún problema na inscrición, escríbenos un correo electrónico cos teus datos a info@movete.eu e contactaremos contigo para resolvelo