O voluntariado terá un lugar destacado nas xornadas #móvete Gustaríache formar parte dun proxecto de voluntariado? Sentes a necesidade de axudar a construir unha sociedade máis xusta?

Na sesión de tarde do día 20/11, no Móvete_Espazo Europeo coñeceremos que o voluntariado internacional é unha vía para adquirir  habilidades e competencias para a mellora da empregabilidade.

Na mesa redonda “Desenvolvendo competencias co Voluntariado Internacional” intervirán técnicos e voluntarios/as que nos contarán as súas experiencias.

Interveñen:

Víctor Mosquera. Coordinador de programas europeos de ETL Don Bosco @cx_donbosco para falarnos dos Proxectos de Voluntariado do Corpo Europeo de Solidariedade.

Ana del Valle. Xestora de proxectos e coordinadora de voluntariado da Asociación Ticket2Europe @Ticket2Europe

John Moran. Responsable de Prácticas en AIESEC  @aiesecspain a nivel nacional, que falará dos programas de voluntariado internacional que xestionan desde a súa asociación.

Pídeche o corpo vir a #móvete. Inscríbete xa!

Deja un comentario

Inscrición

MARTES, 20 DE NOVEMBRO

Inscrición

MÉRCORES, 21 DE NOVEMBRO

 Inscrición

MARTES, 20 DE NOVEMBRO

Sesión de Mañá | Inscrición

Sesión de Tarde | Inscrición

MÉRCORES, 21 DE NOVEMBRO

Inscrición

Se tes algún problema na inscrición, escríbenos un correo electrónico cos teus datos a info@movete.eu e contactaremos contigo para resolvelo