Xa podes inscribirte en tódalas actividades de Móvete-Espazo Europeo

Os vindeiros días 20 e 21 de novembro chega a Santiago  “Móvete-Espazo Europeo”. Reserva oco na túa axenda para achegarte á  Facultade de Dereito e participar en toda a programación que temos  preparada.

Europe Direct A Coruña- Deputación da Coruña, xunto coa Área de  Orientación Laboral e o Centro de Estudos e Documentación Europeos da  Universidade de Santiago, organizan este evento que ten como obxectivo  informar aos mozos e mozas sobre as diferentes ferramentas e programas  que poden utilizar para mellorar as súas habilidades, coñecementos e  oportunidades de emprego cunha perspectiva de mobilidade internacional.

O Foro permitirache obter información sobre vivir, estudar e traballar  na Unión Europea, así como sobre outras opcións, tales como o voluntariado.

Inscríbete xa! O prazo de inscrición rematará o 19 de novembro ás 13:00.

Deja un comentario

Inscrición

MARTES, 20 DE NOVEMBRO

Inscrición

MÉRCORES, 21 DE NOVEMBRO

 Inscrición

MARTES, 20 DE NOVEMBRO

Sesión de Mañá | Inscrición

Sesión de Tarde | Inscrición

MÉRCORES, 21 DE NOVEMBRO

Inscrición

Se tes algún problema na inscrición, escríbenos un correo electrónico cos teus datos a info@movete.eu e contactaremos contigo para resolvelo